Travessa 

Travessa é un estudio de deseño editorial, gráfico e expositivo con base en Galicia. Apasionados da materia impresa e da experimentación formal que outorga as nosas creacións un estilo conceptual e honesto. Conceptualizamos proxectos editoriais, participamos no deseño de espazos expositivos e axudamos a pequenas marcas a crear unha identidade visual propia e atractiva.  

Equipo

O estudio está formado polos socios fundadores Xaime Fandiño e Jorge Gil. Cunha dilatada experiencia no mundo editorial e da imaxe, decidimos xuntarnos para levar a cabo traballos máis delicados e comprometidos, cunha ollada conceptual e un coidado especial polos materiais e as fórmulas máis atrevidas e as narrativas singulares. 

Servicios

Deseño editorial, deseño de espazos, dirección de arte, identidades visuais, comunicación gráfica, packaging, ilustración, fotografía e web.

Experiencia

Traballamos con pequenos clientes e grandes institucións culturais. A lista inclúe: 
Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago, USC, MNCA Reina Sofía, Ayto. de Madrid, Museo do Pobo Galego, Fundación da Cidade da Cultura...

Dossier

Para máis información e imaxes, ou para consultas sobre proxectos contactar con nós. Dossier con estudio de casos disponible baixo demanda.


Travessa Estudio
Travesa dos Basquiños 12, baixo
15704 — Santiago

info@travessa.studio
+34 675 025 700

All rights reserved
Travessa Estudio
©2025

Instagram
Behance